A Policía detén a dous mozos, un menor de idade, por roubar unha bicicleta en Marín

Marín
25 de maio 2022

Os mozos, un deles con varios antecedentes por furtos deste tipo, substraeron o vehículo valorado en 900 euros do domicilio do propietario

Bicicleta roubada e recuperada pola Policía Nacional de Marín
Bicicleta roubada e recuperada pola Policía Nacional de Marín / Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional da comisaría local de Marín detiveron a dous mozos, un deles menor de idade e o outro de 22 anos, con antecedentes policiais por feitos similares, pola subtracción dunha bicicleta do interior dun domicilio en Marín.

Por mor da denuncia os axentes iniciaron as investigacións para tratar de pescudar a identidade do autor da subtracción, tras efectuar as xestións pertinentes, os axentes puideron identificar aos presuntos autores da subtracción da bicicleta valorada en 900 euros, un deles menor idade.

Unha vez tramitado o correspondente atestado policial, o menor detido foi entregado aos seus proxenitores.

A bicicleta, unha vez recuperada, foi entregada polos axentes ao seu lexítimo propietario.