A Policía Local de Marín aprende a actuar ante os patinetes eléctricos

Marín
27 de novembro 2019

A proliferación de patinetes eléctricos polas rúas de Marín está a provocar, segundo a Policía Local, novos problemas de tráfico ata agora descoñecidos entre os seus usuarios, os peóns e os vehículos a motor. Para facerlle fronte e saber como actuar nestas situacións, este mércores recibiron formación específica

Curso de formación da Policía Local de Marín
Curso de formación da Policía Local de Marín / Concello de Marín

A proliferación de patinetes eléctricos polas rúas de Marín está a provocar, segundo a Policía Local, novos problemas de tráfico ata agora descoñecidos entre os seus usuarios, os peóns e os vehículos a motor. Para facerlle fronte e saber como actuar nestas situacións, este mércores recibiron formación específica.

Membros da Policía Local de Marín participaron este mércores nunha xornada formativa no Museo Manuel Torres na que foron instruídos sobre a normativa e a regulación dos Vehículos de mobilidade persoal (VMP). entre os que os máis coñecidos e habituais son os patinetes eléctricos.

Esta formación axudará aos axentes da Policía Local marinense a saber actuar ante a aparición destes novos aparellos, pois a normativa respecto a estes patinetes aínda é confusa e diversa, polo que o usuario moitas veces non sabe como ten que actuar ou que requisitos debe cumprir.

A Policía Local de Marín explica que nalgúns casos mesmo pode ser preciso permiso de conducir e documentación para poder circular e noutros casos, o tipo de aparello impide a súa utilización pola vía pública.

No que respecta a Marín, só poden circular polo Concello aqueles que teñan consideración de xoguetes, é dicir, aqueles que non superen os seis quilómetros por hora.