A Policía Local de Poio, disposta a sancionar o "estacionamento abusivo" dos pais nos accesos aos colexios

Poio
18 de abril 2017

A Policía Local de Poio "blindará" a seguridade viaria nos accesos aos centros de ensino, para este obxetivo ponse en marcha unha campaña nos centros de ensino do municipio, especialmente vixiaranse as horas da entrada e saída dos alumnos

Policía Local de Poio
Policía Local de Poio / Mónica Patxot

A Policía Local de Poio "blindará" a seguridade viaria nos accesos aos centros de ensino. Para este obxetivo ponse en marcha unha campaña nos centros de ensino do municipio, especialmente para vixíar as horas da entrada e saída dos alumnos. 

A primeira das medidas vai dirixida á mellora nas inmediacións do colexio SEK- Atlántico e o CEIP Lourido, no tocante a saída de autobuses e pintado de marcas viarias para mellorar a seguridade nas zonas.  

A campaña ponse en marcha tras detectar comportamentos que hai que corrixir, como poden ser "aparcamentos masivos e perigosos por parte dos pais que van a levar ou recoller aos seus fillos", en moitos casos invadindo as zonas peonís e os accesos aos centros escolares.

Este "estacionamento abusivo" en moitas ocasións xenera problemas de seguridade viaria, para os pequenos como pouca visibilidade ou manobras perigosas nas beirarrúas que transitan os escolares. O perigo acentúase tendo en conta a idade dos nenos, a súa estatura e o comportamento moitas veces imprevisible.

Por este motivo, contactouse cos directores dos centros de ensino e tamén coa ANPA aos que se lles informou que os axentes van poñer a partir de agora "especial interese" en evitar este tipo de aparcamentos perigosos. A comunidade escolar recibiu esta información a través de distintos canais e a Policía agarda "un comportamento exemplar por parte dos pais, porque esta medida se toma para garantir a seguridade dos seus fillos. Esperamos que sexan o mellor exemplo na educación viaria dos nenos". 

Tradicionalmente a sociedade ven aceptando este tipo de estacionamentos ante os colexios xa que se trata de pais que van a recoller aos seus fillos ao centro de ensino, no entanto, a Policía Local está obrigada a evitar que continúe, "polo perigo que supón para os rapaces e o alto risco de atropelo".

Co obxectivo de mellorar a seguridade na contorna dos colexios, dende o vindeiro día 18 de abril, a Policía Local de Poio verificará que os condutores cumpren as devanditas normas e -na contra- sancionará oportunamente as infraccións.