A Policía Local de Pontevedra patrullará con desfibriladores

Pontevedra
21 de xaneiro 2016

A idea é que haxa un desfibrilador por cada coche patrulla que estea na rúa, entre 5 e 6 simultaneamente, pero que todos os axentes estean formados para poder utlizarlos. Así, a práctica totalidade do persoal pontevedrés recibirá previamente un curso de capacitación

Carme da Silva e Daniel Macenlle presentan o avance da memoria da Policía Local
Carme da Silva e Daniel Macenlle presentan o avance da memoria da Policía Local

Todas as patrullas da Policía Local de Pontevedra que saian á rúa levarán un aparello desfibrilador para facilitar que os axentes poidan dar unha atención inmediata no caso de que se atopen cun cidadán que o necesite. 

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, anunciouno este xoves aproveitando a presentación do avance da memoria da Policía Local e explicou que se trata dun proxecto que prevén completar ao longo do presente ano 2016

A idea é que haxa un desfibrilador por cada coche patrulla que estea na rúa, entre 5 e 6 simultaneamente, pero que todos os axentes estean formados para poder utlizarlos. Así, a práctica totalidade do persoal pontevedrés recibirá previamente un curso de capacitación. 

Da Silva explicou que os axentes municipais son "moitas veces os primeiros en chegar a un accidente ou a un problema" e están en todas as citas multitudinarias e eventos celebrados en espazos públicos, de modo que resulta positivo que estean preparados para actuar en casos de emerxencia.