A Policía Local de Sanxenxo inicia un plan de tráfico en Luis Rocafort ata o 15 de xuño

Sanxenxo
01 de marzo 2017

O acceso á avenida será polas rúas Ourense e Castelao ata que paralicen os traballos na rúa durante o verán. Luis Rocafort terá sentido único e a dirección da circulación farase desde o paseo de Silgar ata a rotonda de Arnelas

Avenida Luis Rocafort, Sanxenxo
Avenida Luis Rocafort, Sanxenxo /

A Policía Local de Sanxenxo puxo en marcha un plan de tráfico específico para a rúa Luís Rocafort e para as adxacentes con motivo das obras que se van a acometer no viario provincial. Este plan manterase activo desde este mércores 1 de marzo ata o próximo 15 de xuño, data na que está previsto que se paralicen os traballos con motivo do inicio do período estival. 

A empresa adxudicataria do proxecto comezou as tarefas de replanteo e de traslado de material para iniciar as obras esta semana. A avenida Luís Rocafort será de sentido único e a dirección da circulación farase desde o paseo de Silgar ata a rotonda de Arnelas. 

As modificacións previstas no tráfico establecen o acceso a Luís Rocafort a través das rúas Ourense e Casteloa, mentres que o acceso a Ramón Cabanillas realizarase a través de paseo de Silgar e tamén por Luís Rocafort.

Está previsto que a Policía Local conceda autorizacións específicas para a realización de tarefas de carga e descarga e para transportes de grandes dimensións pola avenida Luís Rocafort, circulando en dirección ao paseo de Silgar.