A Policía Local de Sanxenxo triplicará as patrullas para controlar as 163 fogueiras autorizadas

Sanxenxo
22 de xuño 2021

Sanxenxo só autorizou este ano as fogueiras en leiras privadas debido á actual situación sanitaria e prohibe a realización destas en espazos públicos, incluídas as praias

Policía Local de Sanxenxo
Policía Local de Sanxenxo /

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo pechou este luns o prazo cun total de 163 peticións para realizar fogueiras de San Xoán e San Pedro. 

Sanxenxo só autorizou este ano as fogueiras en leiras privadas debido á actual situación sanitaria e prohibe a realización destas en espazos públicos, incluídas as praias.

A Policía Local reforzará os controis co triplo de patrullas habituais durante as dúas noites de celebración. O obxectivo é evitar que se poidan organizar fogueiras en espazos nos que este ano debido ao Covid está prohibido ao non poder garantir a seguridade e o cumprimento das normas de distancia interpersoal. 

Tamén o servizo de Emerxencias de Sanxenxo estará vixiante durante ambas as noites.