A Policía Local de Vilagarcía detivo na madrugada deste xoves a dúas persoas por tenencia de drogas, delito contra a saúde pública e incumprimento das normas de confinamento. No momento do arresto, os axentes incautáronse de 28 bolsas termoselladas cunha substancia semellante á heroína.
As detencións practicáronse ao redor das dúas da madrugada cando os axentes detectaron a un vehículo circulando polo centro da cidade. Ao darse conta da presenza policial, os condutores deron un xiro brusco co obxectivo de despistalos, pero uns metros máis adiante os policías lograron interceptar o Ford Focus vermello no que viaxaba unha parella, un home nado no 1981 e unha muller do 1993, xa coñecida polos integrantes do corpo municipal.
Os detidos foron postos a disposición xudicial.