Esta fin de semana o labor informativo da Policía Local da localidade do Grove foi acompañada de medidas sancionadoras no relativo aos incumprimentos das normas de seguridade necesarias pola Covid-19.
Así, os axentes da localidade tramitaron trinta propostas de sancións pola ausencia de uso de máscara e ao non mantemento da distancia social.
As infraccións foron detectadas tanto nos areais da localidade como nas vías urbanas e nas distintas quendas horarias, xa que esta fin de semana comezou o servizo nocturno.
Dende a Policía Local incídese en informar á cidadanía da importancia destas medidas, xa que, a día de hoxe, son a única posibilidade que temos de frear o virus.
Deste xeito, incídese en que se manterán os esforzos informando, pero non se permitirán incumprimentos que poñan en risco á poboación.