A Policía Local porá en marcha un plan de tráfico polo tríatlon do domingo

Pontevedra
28 de outubro 2017

Este domingo 29 de outubro celébrase na cidade de Pontevedra un tríatlon homenaxe a Javier Gómez Noya. Con este motivo a Policía Local aplicará unha serie de restricións circulatorias

Plan de tráfico da Policía Local
Plan de tráfico da Policía Local / Policía Local de Pontevedra

Este domingo 29 de outubro celébrase na cidade de Pontevedra un tríatlon homenaxe a Javier Gómez Noya. Con este motivo a Policía Local aplicará unha serie de restricións circulatorias.

 

Sábado 28 de outubro

  • Queda pechada a rúa Enxeñeiro Rafael Areses unha vez rematada o mercado ambulante.

 

Domingo 29 de outubro

  • Ás 11 horas pechase a Ponte dos Tirantes, a rúa Alexandre Bóveda e a Avenida de Bos Aires, dende Monteporreiro (Ponte das Palabras) ata a Ponte dos Tirantes.
  • Ás 12 horas e ata as 14:30 horas se pecha o resto do circuíto ( Avenida de Bos Aires dende a ponte dos Tirantes ata a Ponte de Santiago).
  • Aproximadamente ás 14:30 horas se procederá a normalizar a circulación nas zonas afectadas.

 
PROHIBICIÓN DE ESTACIONAMENTO

  • A explanada do Recinto Feiral e un tramo da Avenida de Compostela a partir das 22 horas do sábado 28 de outubro.
  • A Avenida de Bos Aires (tramo entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte de Santiago) e o primeiro tramo da Avenida de Compostela, a partir das 8 horas do domingo 29 de outubro.