A Policía Local renova a súa flota con dous novos vehículos

Pontevedra
31 de xaneiro 2021

Son dous coches Citroën C-4 que dispoñen de kit policial e están equipados para o traslado de detidos. Estes dous vehículos, que son de combustión diésel e automáticos, substitúen a outros dous que xa esgotaron a súa vida útil por ter moitos quilómetros e por seren empregados por moitas persoas

Novos coches da Policía Local de Pontevedra
Novos coches da Policía Local de Pontevedra / Concello de Pontevedra

Dous coches Citroën C-4 que dispoñen de kit policial e están equipados para o traslado de detidos. Son as novas incorporacións á flota de vehículos da Policía Local de Pontevedra.

Estes dous vehículos, que son de combustión diésel e automáticos, substitúen a outros dous que xa esgotaron a súa vida útil por ter moitos quilómetros e por seren empregados por moitas persoas. 

Trátanse dun Citroën C-4 do ano 2010, con case 500.000 quilómetros, e un Ford Mondeo, do ano 2006, con máis de 300.000 quilómetros.

A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde estivo na recepción dos vehículos e adiantou que irase mellorando as dotacións e as instalacións da Policía Local para que os axentes poidan realizar ao seu traballo en condicións óptimas e ofrecer o mellor servizo ao cidadán.