A Policía Nacional detén un home por unha navallada durante unha pelexa na rúa Serra

Pontevedra
12 de agosto 2024

Un coche da Policía Nacional patrullaba polo lugar cando detectou unha liorta ás portas dun coñecido local "afterhours" da rúa Serra, a beiras do río Lérez

NATALIA interior
NATALIA interior

Un individuo foi detido pola Policía Nacional como suposto autor de un apuñalamento a outro home.

Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial o suceso tivo lugar na mañá do pasado domingo.

Un coche da Policía Nacional patrullaba polo lugar cando detectou unha liorta ás portas dun coñecido local "afterhours" da rúa Serra, a beiras do río Lérez.

No transcurso da pelexa uno dos individuos picou ao outro cunha navalla.

O agresor foi detido e o ferido foi trasladado ao hospital Montecelo con lesións leves.

O detido atópase nos calabozos da Comisaría da Policía Nacional á espera da súa posta ao dispor xudicial.