A Policía Nacional interceptou un camión que circulaba pola Autovía do Salnés transportando uns trinta quilos de heroína.
Trátase dunha actuación da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco).
O operativo despregouse na madrugada do mércores ao xoves e todos os detalles serán desvelados este venres nunha comparecencia conxunta da subdelegada do Goberno en Pontevedra, María Isabel Alonso, e do comisario xefe provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz.
Na rolda de prensa, convocada na Comisaría Provincial de Pontevedra, mostrarase tamén a substancia estupefaciente intervida.
A investigación sobre estes feitos, que segue aínda aberta, foi asumida polo Xulgado de Instrución número 2 dos de Cambados.