A ponte de Covelo mellorará a súa seguridade este verán

Poio
11 de marzo 2016

A consellería do Mar encintará o muro próximo á ponte e colocará medidas de seguridade viaria e peonil. O presidente de Portos de Galicia este venres 11 visitou o porto de Covelo

Visita á ponte de Covelo
Visita á ponte de Covelo / Xunta de Galicia

A consellería do Mar, a través do organismo Portos de Galicia, ten previsto mellorar o acceso portuario e as condicións de seguridade dos peóns na contorna da ponte de Covelo. Durante o mediodía deste venres 11 o presidente deste ente público, José Juan Durán, nunha visita realizada para supervisar as obras que se acometen no porto, que teñen como obxectivo a mellora do acceso portuario e a seguridade dos peóns.

O percorrido fíxoo acompañado polo alcalde de Poio, Luciano Sobral e polo portavoz municipal do PP, Ángel Moldes.

Está previsto que se encinte o muro próximo á ponte e se instalen medidas de seguridade viaria e peonil. Os técnicos de Portos e municipais analizarán o estado das canalizacións, sinalizacións e a instalación de lombos que reduzan a velocidade.

Portos de Galicia substituíu a anterior ponte por unha infraestrutura de maior ancho que permitirá a circulación a través de dous carrís. Ata este cambio, as dimensións da ponte non permitían o cruzamento de vehículos.

A empresa construtora espera que as obras se atopen finalizadas no mes de maio.