A ponte do Burgo, pechada tamén ao tráfico peonil

Pontevedra
12 de marzo 2019

Para poder limpar o enlousado de pedra, manterase esta situación durante os vindeiros días xa que se está a facer cunha maquinaria pesada que pode supor riscos para os peóns

Xente atravesando a ponte do Burgo xa pechado ao tráfico
Xente atravesando a ponte do Burgo xa pechado ao tráfico / Mónica Patxot

As obras de reforma da ponte do Burgo obrigaron dende este martes a pechar o tránsito de peóns para poder facer unha limpeza en profundidade da lousa de pedra da plataforma da ponte.

Os traballos que se realizan con maquinaria pesada, -o que pode supoñer riscos para as persoas- demoraranse uns días, polo que o Concello confía en poder abrir ao longo da vindeira semana.

Dende o Concello pediron desculpas e agardan poder reducir os prazos ao máximo, xa que no goberno local son consciente dos inconvintes que o peche total da ponte do Burgo pode causar nos viandantes, especialmente nos veciños de ambas marxes do viaducto.

A obra civil foi adxudicada á UTE Imesapi - E.C.Casas por valor de 1.326.977 euros; e a Setga a iluminación por valor de 730.840 euros; en total, 2,057.817 euros.

O prazo de execución da obra civil é de 12 meses.