A Pontevedrada prepara a súa edición de 2023 coa apertura de inscricións

Pontevedra
28 de xaneiro 2023

A marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela celebrarase o día 29 de abril. Será posible formalizar a inscrición para partir do próximo mércores día 1 de febreiro

Saída da da Pontevedrada 2022
Saída da da Pontevedrada 2022 /

Xa hai data para a Pontevedrada 2023.

A marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela pola doazón de sangue, órganos e tecidos terá lugar o próximo 29 de abril, e empezou a quentar motores co anuncia da apertura de inscricións.

Os interesados en participar poderán anotarse a partir do día 1 de febreiro, coa solicitude dunha achega solidaria de 10 euros por inscrición para colaborar cos gastos de organización que soporta o colectivo Asampo-Pontevedrada.

As prazas poden confirmarse a través do correo electrónico [email protected], por Whatsapp no teléfono 602526978 ou na páxina web www.asampo.org.

Todas as inscricións recibidas ata o 31 de marzo levarán nome no dorsal, mentres que as recibidas posteriormente só levarán a inicial do nome, sinala a organización, cun prazo que pechará oficialmente ás 22.00 horas do día 19 de abril.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora