A praia da Lanzada convértese en observatorio astronómico

Sanxenxo
21 de agosto 2014

Dous telescopios estarán orientados este sábado dende as 23.00 horas no aparcadoiro do areal cara Saturno, cara unha estrela dobre, un cúmulo globular e unha nebulosa

Praia da Lanzada
Praia da Lanzada

O aparcadoiro da praia da Lanzada converterase este sábado, a partir das 23.00 horas, nun observatorio astronómico. Ata alí poderán desprazarse todas aquelas persoas que desexen observar o ceo a través dos dous telescopios que instalará, ata as 01.00 horas, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller de la Universidade de Santiago de Compostela contando coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente.

Nesta ocasión, os instrumentos estarán orientados cara a Saturno, cara a unha estrela dobre, un cúmulo globular e unha nebulosa.

Trátase dunha actividade, destinada a todos os públicos e incluída en 'Todocosmos', o programa de divulgación da USC, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e no que participan sete municipios galegos.

Sanxenxo xa foi escenario doutras cinco observacións astronómicas ademais dun curso de tres días de duración.