A praia de Silgar deixa de estar cuadriculada

Sanxenxo
25 de setembro 2020

Operarios da empresa instaladora iniciaron durante a mañá deste xoves a retirada das cuadrículas. Os traballos deron comezo por un dos extremos do areal coincidindo co sector vermello. O goberno local ha acordado manter o sector laranxa como un símbolo ou referente de seguridade no municipio 

Retirada das cuadrículas da praia de Silgar
Retirada das cuadrículas da praia de Silgar / Concello de Sanxenxo

A imaxe máis repetida de Sanxenxo este verán, a praia de  Silgar dividida en cuadrículas como medidas para evitar aglomeracións, garantir a distancia social e axudar a previr  contaxios en plena pandemia da Covid-19, xa desapareceu. Non só a choiva e o mal tempo impide que se repita a paisaxe de todo o verán, senón que desde este xoves tampouco as cuadrículas están no encadre.  

Operarios da empresa instaladora iniciaron durante a mañá a retirada das cuadrículas. Os traballos deron comezo por un dos extremos do areal coincidindo co sector vermello e está previsto que nos próximos días retírese o morado, o verde e o azul. 

O goberno local acordou manter o sector laranxa como un símbolo ou referente de seguridade no municipio, segundo deu a coñecer o  Concello a través dun comunicado.

As estacas e as cordas retiradas gardaranse nun dos almacéns municipais por se o seu uso fose necesario o próximo verán. Ademais, algunhas delas serán reutilizadas como elemento  señalizador para protexer as dunas que existen en diversos areais do municipio, e para delimitar sendas peonís en contornas naturais.

NOVO LOCAL SOCIAL DE GONDAR

Doutra banda, o Concello de Sanxenxo xa dispón dunha proposta de adxudicación para construír o novo local social de Gondar. A obra espertou o interese de catro empresas, unha delas excluída ao comezo do proceso, e será realizada finalmente, a espera da entrega da documentación requirida, por Vipeca Obras e Servizos por 254.000 euros e un prazo de execución de 11 meses, cinco menos do que marcaba o prego.

A obra contempla a construción dun edificio dunha soa planta de 183 metros cadrados que se distribúe nun hall de entrada, unha gran sala polivalente, unha oficina, dous aseos e un almacén. Así mesmo, está previsto urbanizar o exterior cun aparcamento e unha zona verde garantindo a accesibilidade. A edificación contará con dúas únicas fachadas sobre rasante, polo cal as outras dúas prevense enterradas en dúas dos seus lados. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora