A praia do Santo contará esta tempada con balizas na zona de baño

Marín
29 de maio 2018

O Concello de Marín comezou a instalar a balizas que delimitan a zona de baño nos areais do municipio durante a tempada de verán, ampliando a medida de seguridade ao areal do Santo 

Instalación de balizas nas praias de Marín
Instalación de balizas nas praias de Marín

O Concello de Marín comezou a instalar o balizamento nas zonas de baño das praias ante o inminente inicio da tempada de verán.

Nesta ocasión serán máis de 3 os quilómetros de costa que contarán con esta medida de protección, que pretende separar os lugares habilitados para o baño e usados polos cidadáns das zonas polas que poden circular embarcacións pesqueiras ou de recreo, co perigo que poden carrexar para os bañistas.

As balizas chegarán a este ano á praia do Santo, que se sumará aos areais de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, A Coviña e Lapamán, praia compartida con Bueu.

Xunto a estes traballos tamén se comezou a acondicionar a area nas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, coa intención de que cando comece o bo tempo os areais atópense xa en perfectas condicións.