Á praza da Ferrería fáltalle un anaco

Pontevedra
04 de outubro 2014

A praza da Ferrería reivindica estes días a súa historia a través dunha exposión instalada na praza de Ourense e o paseo Antonio Odriozola na que se inclúe unha maqueta do ámbito. Non obstante, esta madrugada foi vítima dun acto vandálico de persoas que non foron identificadas. "Algunha persoa malintencionada roubou parte desta maqueta, que intentaremos repoñer en breve", avisa o Concello

Maqueta da praza da Ferrería á que arrancaron un anaco
Maqueta da praza da Ferrería á que arrancaron un anaco / PontevedraViva

A praza da Ferrería reivindica estes días a súa historia a través dunha exposión instalada na praza de Ourense e o paseo Antonio Odriozola na que se inclúe unha maqueta do ámbito. Non obstante, dende esta madrugada, á peza fáltalle un anaco. Foi vítima dun acto vandálico de persoas que non foron identificadas.

O Concello de Pontevedra, impulsor da actividade, decatouse na mañá deste sábado, apenas 24 horas despois da instalación da exposición. Tras ter constancia, quixo informar do sucedido e colocouse na propia maqueta un cartel anunciando o sucedido.

"Algunha persoa malintencionada roubou parte desta maqueta, que intentaremos repoñer en breve", sinala o aviso. Nel, dende o Concello aproveitan para explicar que a maqueta mostra como era a praza sobre o ano 1900 e que tras os edificio a cor desa época aparecen os actuais en liñas grises.

En concreto, o anaco que arrancaron correspóndese co lateral da Ferrería situado na actual zona dos Soportais, os edificios contiguos á praza de Ourense e a Porta de Trabancas.