A Procesión do Encontro de Jesús Resucitado pon fin á Semana Santa pontevedresa

Pontevedra
22 de abril 2019

A vistosa procesión tivo o seu momento álxido na praza da Ferrería, onde se atoparon os pasos que partiran previamente das parroquias de San José, San Bartolomé e Santa María coas imaxes da nosa Señora do Amor Fermoso, Jesús Resucitado, San Juan e María Magdalena 

Procesión do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María
Procesión do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María / Diego Torrado

A programación da Semana Santa de Pontevedra chegou ao seu fin este Domingo de Pascua coa procesión do Encontro de Jesús Resucitado coa súa nai a Virxe María, a última das citas relixiosas engadidas ao calendario e a que cada ano pecha o pano de máis dunha semana de procesións e actos litúrxicos

A vistosa procesión tivo o seu momento álxido na praza da Ferrería, onde se atoparon os pasos que partiran previamente das parroquias de San José, San Bartolomé e Santa María previamente. 

A imaxe da nosa Señora do Amor Fermoso, acompañada da súa Confraría e representacións, saíu da parroquia de San José. A imaxe de Jesús Resucitado, acompañada da Confraría da Beira Cruz, partiu á mesma hora de San Bartolomé. As imaxes de San Juan e María Magdalena, acompañadas da Confraría da Maior Dor e a Banda da Confraría do Espírito Santo, saíron da Basílica de Santa María.

Unha vez que todas se atoparon, chegou a quenda do sermón e a interpretación do  Stabat  Mater e Aleluia a cargo do Coro de Ex-Cantores dos institutos de Pontevedra. Finalizado o mesmo, formouse unha única procesión que se retirou cara a San José.