A 'profe Pilar' asómase á xanela para poder ver 'os seus' nenos mentres poden saír a pasear

Pontevedra
28 de abril 2020

Pilar Rodríguez é mestra no Centro Crespo Rivas de Pontevedra. Bota de menos aos seus alumnos, de tres a cinco anos, este domingo asomábase á súa xanela para poder ver a algún deles. Ademais propóñenlles retos a través da web do centro

Pilar Rodríguez Braga é profesora no Centro Crespo Rivas de Pontevedra
Pilar Rodríguez Braga é profesora no Centro Crespo Rivas de Pontevedra /

No primeiro día en que os nenos puideron darse un respiro ao aire libre non foi estraño que os pais os achegasen ata as casas de avós, para que, desde a distancia, puidesen verse. Hai outros adultos que tamén botan en falta a estes menores, os seus profesores.

Ese foi o caso da 'profe Pilar'. Traballa no Centro de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas, con nenos de tres a cinco anos. Este pasado domingo, Pilar Rodríguez, decidiu asomarse á xanela da súa casa precisamente para iso, para ver se pasaba algún 'os seus' pequenos.

"Vivo nunha rúa moi céntrica, nun segundo piso, e estaba asomada á xanela para velos pasar. Algún pasou e moi ben, pero moi estraño. O primeiro porque ver ao seu profe fora do cole resúltalles estraño, e xa desde unha xanela, imaxina. Creceron neste tempo. Xa nos pasa en vacacións, ou cando volven de Nadal; e si, están máis grandes".

Como en tantas profesións, descoñécese cando e como vai ser a volta á actividade presencial ao traballo. No seu caso, como no do resto de docentes do Centro, ao facelo con nenos de idades tan temperás "nosa volta - cando sexa, porque non sabemos - vai ser brazos abertos, non lles pode dicir a estes pequenos non me toques, non me abraces. Fálase moito de Primaria, Secundaria, da EBAU, a Universidade, pero non de Infantil, que aínda que non é obrigatorio forma parte do Ensino".

RETOS NA WEB DO CRESPO RIVAS

Mentres tanto, seguen coa actividade lectiva desde o confinamento. Desde a páxina web do Crespo Rivas enviáronlles un primeiro vídeo sobre a primavera e lembrándolles que lles botaban de menos; "a través da ANPA as familias mandáronnos outro moi emotivo para o profesorado".

Contos, actividades psicomotoras, cancións, felicitacións para os aniversarios dos nenos,... son propostas que seguen enviando ás familias. Pero faltaba algo, onde estaba ese algo?: nos retos. "Non podemos perder esa parte social e emocional, porque na Educación Infantil é fundamental".

Así, o primeiro deles "Argallando coa profe Pilar" convídalles, acompañados dos pais para facer un gorro de cociñeiro, unha torta de chocolate e un axóuxere. Ata este próximo venres 1 teñen prazo para enviarlles as súas fotos nestes mesteres, co que editarán outro vídeo. E atentos, porque a 'profe Pilar' avanza que xa están a traballar no seguinte reto.