A propiedade asume as obras de consolidación do edificio en perigo, na praza de Marqués de Valterra

Pontevedra
26 de setembro 2014

Este venres, chegou a alerta por parte dos veciños de que tiña cedido o tellado dun edificio da praza de Marqués de Valterra, número 123, case no límite con Marín

Afundimento parcial do tellado dunha casa en Marques de Valterra
Afundimento parcial do tellado dunha casa en Marques de Valterra / Mónica Patxot

Este venres, chegou a alerta por parte dos veciños de que tiña cedido o tellado dun edificio da praza de Marqués de Valterra, número 123, case no límite con Marín.

O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro e os técnicos en materia de Arquitectura e Enxeñería desprazaronse ao lugar para comprobar o alcance dos danos e os posibles riscos para a vía pública.

O edificio é pequeno, con baixo, un andar e esta pequena bufarda. Hai anos aloxou un establecemento de efectos navais. Está abandonado e presenta un estado ruinoso.

O inmoble tiña unha orde de execución, aprobada meses atrás para facer as obras de consolidación.

Os propietarios do edificio asumiron as obras de consolidación necesarias para evitar o perigo sobre a vía pública.

A rúa quedou tamén valada para protexer aos peóns de posibles incidentes ata que se acometan as obras necesarias.