A protesta de transportistas de Ence provoca retencións na circunvalación da autoestrada

Pontevedra
11 de abril 2019

Unha caravana de camións percorreu este xoves a circunvalación da autoestrada, desde a fábrica de Ence ata o nó de bombeiros, en protesta pola precarización que, entenden, supoñería nos seus postos de traballo o peche da pasteira

Protesta dos transportistas vinculados a Ence na circunvalación da autoestrada
Protesta dos transportistas vinculados a Ence na circunvalación da autoestrada / PontevedraViva

Unha caravana de camións percorreu este xoves a circunvalación da autoestrada en Pontevedra en protesta pola situación de incerteza que pesa sobre Ence polos recursos contenciosos interpostos contra a Orde Ministerial que outorgou a prórroga da súa concesión.

Os transportistas vinculados ao sector forestal mostraron así o seu enfado ante a precarización que, entenden, supoñería nos seus postos de traballo o peche da pasteira.

Percorreron en varias ocasións o traxecto que separa o complexo industrial de Lourizán e o nó de bombeiros, provocando a súa entrada e saída en bloque á autoestrada momentos de retención no viario, chegando a parar o tráfico rodado.

A súa entrada e saída en bloque á autoestrada provocou momentos de retención no viario, chegando a parar o tráfico rodado.

 

A protesta prolongouse durante aproximadamente unha hora.

A idea do colectivo era realizar unha manifestación cos seus camións percorrendo parte do centro urbano de Pontevedra, pero os permisos para a mesma foron denegados por parte da Subdelegación do Goberno para os vehículos de máis de 10 toneladas baseándose nun informe da Policía Local, xa que unha ordenanza municipal prohíbe o paso de camións desa envergadura polo centro da cidade.

Arquivado en