Escolares con idades comprendidas entre os 7 e os 13 anos que forman parte do Estudo Bonobo levaba a cabo este mércores 15 un percorrido polas beiras do río Gafos ata chegar ao Muíño de Cabanas, o lugar na parroquia de Salcedo onde a asociación Vaipolorío garda as ferramentas coas que periodicamente se dedican ao coidado da contorna vexetal e limpan diferentes tramos do leito do río Gafos.
Alí, o presidente da asociación ecoloxista Gonzalo Sancho explicoulles aos menores, que gardaban as medidas sanitarias portando máscara, a importancia que ten coidar o medio natural máis próximo porque iso axuda a mellorar as condicións e a saúde da sociedade.
O Estudo Bonobo que se dedica á formación artística de escolares pontevedreses realizaba esta visita dentro dunha nova iniciativa de educación en valores denominada Bonobogreen coa intención de que os máis pequenos adquiran coñecementos sobre o medio ambiente e conciencialos sobre os prexuízos que provoca o abandono e os malos tratos dos espazos que ofrece a natureza.