A reforma da Rúa da Torre xa está en marcha

Pontevedra
10 de marzo 2021

O goberno pontevedrés ten previsto investir na mellora urbanística do barrio do Burgo 2,85 millóns de euros. A humanización da rúa Santiña e a mellora do parque de Pasarón serán os seguintes proxectos a executar

Comeza a reforma da rúa da Torre, no barrio do Burgo
Comeza a reforma da rúa da Torre, no barrio do Burgo / Concello de Pontevedra

A concellería de Obras Urbanas do Concello de Pontevedra, que dirixe Demetrio Gómez, dá luz verde ás obras de rehabilitación integral da Rúa da Torre, que foran atrasadas polo risco de derrube dunha nave que xa foi demolida. 

O proxecto contempla a rehabilitación integral do pavimento, que pasará a ter plataforma única e elementos para o acougado do tráfico, así como iluminación pública renovada. 

Cun orzamento de 91.500 euros e un prazo de execución dun mes, a obra enmárcase dentro do plan de actuacións do barrio do Burgo que, entre as xa executadas e as pendentes de comezar, vai investir un total de 2,85 millóns de euros.

A reforma da rúa Santiña e o parque de Pasarón serán as próximas actuacións nesta zona.