A reforma urbana chegará á rúa Fernando Olmedo

Pontevedra
28 de decembro 2018

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores fixo, este anuncio durante unha visita aos "últimos retoques" das obras de reforma da rúa Cruz Vermella, agora centradas en Alvaro Cunqueiro e Irmáns Sobrino Buhigas

Rúa Pai Fernando Olmedo
Rúa Pai Fernando Olmedo / PontevedraViva

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou este venres que a reforma urbana chegará á rúa Pai Fernando Olmedo.

Lores visitou os "últimos retoques" das obras de reforma da rúa Cruz Vermella, agora centradas en Alvaro Cunqueiro e Irmáns Sobrino Buhigas, e compartiu con comerciantes e residentes da zona as súas impresións sobre esta actuación "que completa practicamente todo o barrio".

"Obviamente todas estas obras teñen continuidade e a próxima obra na zona será Fernando Olmedo", sinalou. Nesta rúa xa se reformou o entronque coa Seca.

"Imos completando o entramado urbano da cidade", engadiu o alcalde que amosou a súa satisfacción polo aspecto da nova praza creada na saída do centro de ensino do CEIP Vidal Portela.

A empresa que executa esta obra é Covsa por un prezo de 1.186.284 euros. Faltan por rematar as melloras da beirarrúa de Padre Gaite e a reurbanización pendente da praza da Castaña.