A restauración pontevedresa é a segunda mellor valorada de toda España

Pontevedra
01 de febreiro 2024

Segundo difundiu un portal especializado en márketing empresarial, os restaurantes da Boa Vila, por segundo ano consecutivo, son os segundos mellor valorados nos 16,1 millóns de recensións que os comensais deixaron en Google e de TripAdvisor a preto de 17.000 restaurantes de 52 cidades españolas

A restauración pontevedresa é a segunda mellor valorada de toda España
A restauración pontevedresa é a segunda mellor valorada de toda España

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores felicitou á restauración pontevedresa por situarse no segundo lugar nunha clasificación de cidades cos restaurantes mellor valorados polos españois.

Segundo difundiu un portal especializado en márketing empresarial os restaurantes da Boa Vila, por segundo ano consecutivo, son os segundos mellor valorados nas 16,1 millóns de reseñas que os comensais deixaron en Google e de TripAdvisor a preto de 17.000 restaurantes de 52 cidades españolas.

"É un tema que non é baladí", destacou o alcalde que transmitiu, "os parabéns a toda a xente que traballa e que fai de Pontevedra a referencia". 

A valoración media dos comensais á restauración nacional é de 4,24 puntos sobre un máximo de 5. No caso da cidade de Pontevedra, a nota sobe ata o 4,32 de entre un total 61.892 reseñas, tan só superada polo 4,34 concedida a Alacante (analizando 325.593 opinións) e por diante de Granada, que rexistra un 4,1 de media e 322.711 reseñas.