A Romaría de Trompos ós Pés, cita inedudible do Día de Galicia en Marín

Marín
25 de xullo 2023

A asociación cultural Trompos ós Pés de Marín celebra o Día de Galicia co seu XXIV Romaría Popular. A celebración comezou as 10.30 horas cos primeiros postos de artesanía na Alameda

Romaría de Trompos os Pés para celebrar o Día de Galicia
Romaría de Trompos os Pés para celebrar o Día de Galicia / Concello de Marín

O Día de Galicia está en Marín inevitablemente unido á asociación cultural Trompos ós Pés, que este ano volveu celebrar a súa habitual romaría popular. É xa a edición 24 desta cita e volveu a contar cunha elevada asistencia de persoas, entre elas, a alcaldesa da localidade, María Ramallo.

Esta XXIV Romaría Popular comezou ás 10.30 horas coa apertura dos primeiros postos de artesanía na Alameda, para unha cita á que acudiron artesáns procedentes de toda Galicia. 

A romaría, que incluíu a habitual repartición de bandeiras de Galicia entre os asistentes, ten un marcado acento musical. 

Ás 12.00 horas, o protagonismo tomárono a Escola de Trompos ós Pés, coa actuación do seu grupo folcrórico. 

Pola tarde, a programación inclúe xogos tradicionais e a actuación da asociación cultural 'Buxainas' de Cedeira

Xa pola noite, a partir das 21.00 horas, hai programado canto popular con Asxupen do Grove e Ferriñas de Marín e unha queimada gratuíta.