A rúa arredor do centro de saúde de Bueu vai denominarse Don Juan Veiga Alfonso

Bueu
07 de novembro 2017

O pleno da corporación de Bueu mostrouse unánime con este nomeamento para a rúa que rodea o centro de saúde entre a rúa A Pedra e a PO-551 

Pleno no Concello de Bueu Concello de Bueu

O pleno da corporación de Bueu apoiou de forma unánime o nomeamento dunha rúa da vila como "Don Juan Veiga Alfonso", unha persoa que foi admirada en Bueu xa que ao longo de corenta anos exerceu como profesional da saúde e desempeñou cargos no ámbito social e cultural. Esta proposta foi secundada polos catro grupos da corporación.

A rúa que circunda o centro de saúde, entre a rúa Pedra e a PO-551 será agora recoñecida como "Don Juan Veiga Alfonso", unha persoa que obtivo a condición de Fillo Adoptivo de Bueu o 14 de febreiro, por petición veciñal.

Juan Veiga, coñecido como Don Juan, foi durante 44 anos practicante, ATS e enfermeiro no municipio. Ademais do seu traballo relacionado coa salu, mantivo unha importante actividade cultural e deportiva.

Durante o pleno incorporouse Adrián Ferrer Reboiras como concelleiro do BNG, tras a dimisión de Juan Carlos Eirea que abandonou o cargo por motivos persoais e profesionais. O novo concelleiro é o integrante máis novo da corporación.