A rúa cántalle e báilalle ao Nadal e os Reis

Pontevedra
28 de decembro 2014

Este sábado volveron á programación as Danzas de Nadal. A asociación cultural Trepia actuou nas prazas Peregrina, Curros Enríquez e Méndez Núñez, así como na rúa Benito Corbal. O domingo, a asociación cultural Maravallada fixo os seus Cantos de Nadal e de Reis na praza de Curros Enríquez

A asociación Trepia percorre o centro de Pontevedra cos seus cantos de Nadal
A asociación Trepia percorre o centro de Pontevedra cos seus cantos de Nadal / Diego Torrado

O Nadal e os Reis tamén se celebran cantando e bailando e en Pontevedra esta tradición chega ás rúas e prazas do centro da man de distintas asociacións culturais e agrupacións musicais. Esta fin de semana, a quenda foi para os colectivos Trepia e Maravallada

No marco das actividades de animación de rúa organizadas polo Concello en distintos puntos da cidade en plena semana de festas, este sábado volveron á programación as Danzas de Nadal.

A asociación cultural Trepia actuou a partir das 18.00 horas nas prazas Peregrina, Curros Enríquez e Méndez Núñez, así como na rúa Benito Corbal.

Xa o domingo, foi a quenda da canción. A asociación cultural Maravallada fixo os seus Cantos de Nadal e de Reis a partir das 12.30 horas na praza de Curros Enríquez.