Á rúa Concepción Arenal está a crecerlle un "lombo"

Marín
29 de abril 2019

Este luns iniciáronse os traballos de execución dun novo "lombo" no paso de peóns de Concepción Arenal á altura do Colexio do Grupo

Traballos de execución dun novo "lombo" no paso de peóns de Concepción Arenal
Traballos de execución dun novo "lombo" no paso de peóns de Concepción Arenal / Concello de Marín

Este luns iniciáronse os traballos de execución dun novo "lombo" no paso de peóns de Concepción Arenal á altura do Colexio do Grupo.

Trátase de mellorar en seguridade viaria nun cruzamento que habitualmente é utilizado para o colexio e que permite a incorporación na intersección con Méndez Núñez de tal maneira que se poidan incorporar de maneira máis segura e a menor velocidade o tráfico.

Estará executado esta semana a través da empresa E. C. Casas.

Na primeira semana deste mes de abril deron comezo as obras nesta rúa na fase que vai dende a Rúa José Trasande ata o límite con Pontevedra.

Nesta primeira actuación as obras comezan polo tramo dereito.