A rúa dedicada a Arturo Fontán Bouzas estará en Portonovo

Sanxenxo
18 de setembro 2019

O goberno municipal de Sanxenxo decidiu cal será a rúa que se dedicará á memoria de Arturo Fontán Bouzas, o veciño que faleceu o pasado 15 de abril tras lanzarse ao mar en La Oliva (As Palmas) para salvar a unha moza que estaba en apertos

Rúa Progreso de Portonovo, futura rúa dedicada a Arturo Fontán Bouzas
Rúa Progreso de Portonovo, futura rúa dedicada a Arturo Fontán Bouzas / Concello de Sanxenxo

O goberno municipal de Sanxenxo decidiu cal será a rúa que se dedicará á memoria de Arturo Fontán Bouzas, o veciño que faleceu o pasado 15 de abril tras lanzarse ao mar en La Oliva (As Palmas) para salvar a unha moza que estaba en apertos.

Segundo informou o Concello, o executivo municipal propoñerá rebautizar unha das rúas do municipio. En concreto, a rúa Progreso de Portonovo.

Trátase, lembran desde o Concello, un dos viais principais da vila. É a rúa de maior lonxitude, que cruza desde a zona deo Espiñeiro ata a parte alta de Portonovo.

O grupo de goberno espera que o resto de partidos políticos apoien este cambio de denominación.

Arturo Fontán Bouzas, natural de Sanxenxo, residía coa súa muller e o seu fillo en Puerto del Rosario, e puxo en xogo a súa vida por colaborar no rescate doutra persoa que demandaba auxilio. Por iso, lembra o Concello, "Sanxenxo estará eternamente agradecido".