A rúa do Cruceiro, en obras para acondicionar todo este ámbito urbano

Pontevedra
14 de maio 2017

Ata 35.000 euros destina o Concello de Pontevedra aos traballos de acondicionamento que xa comezaron na rúa do Cruceiro. Forman parte, segundo o goberno local, de actuacións comprometidas cos veciños logo das reunións mantidas con eles para informarlles do apoio municipal ao centro de día que a asociación Rexurdir abrirá nun baixo da rúa

Rúa do Cruceiro, Pontevedra PontevedraViva

Ata 35.000 euros destina o Concello de Pontevedra aos traballos de acondicionamento que xa comezaron na rúa do Cruceiro. Forman parte, segundo o goberno local, de actuacións comprometidas cos veciños logo das reunións mantidas con eles para informarlles do apoio municipal ao centro de día que a asociación Rexurdir abrirá nun baixo da rúa.

Esta é, recorda o Concello, unha actuación necesaria na zona e que se realiza cada certo tempo, xa que a maleza acaba invadindo os muros de peche da praza.

Nesta ocasión, ademais da limpeza que precisa tamén se revisará e modificará toda a iluminación e instalaranse algúns elementos de mobiliario público da rúa, situada entre a ponte e a rúa da Barca.

Os traballos, que están sendo executados pola empresa Setga, consisten na limpeza dos muros da ponte que se ten que facer manualmente, así como a mellora da escaleira.

Tamén se instalará unha varanda de aceiro inoxidable nas escaleiras que baixan cara a avenida de Uruguai para facilitar a baixada aos peóns, xa que ten uns pasos moi inclinados.

A obra rematará coa substitución da iluminación pública para instalar lámpadas led e, nos casos que sexa necesario, fustes e báculos novos.