A Rúa do Muíño comeza a transformarse nun espazo peonil

Pontevedra
16 de outubro 2019

Os traballos nesta rúa, unha das perpendiculares que une O Gorgullón e Eduardo Pondal, consisten na demolición de todos os elementos da rúa, beirarrúas e asfalto, para proceder á configuración do novo espazo que será peonil

Obras da Rúa do Muíño
Obras da Rúa do Muíño / Concello de Pontevedra

As obras que converterán a rúa do Muíño nun espazo peonil xa están en marcha. Esta actuación, cofinanciada polos fondos europeos FEDER, forma parte do proxecto de rehabilitación integral do Gorgullón.

Os traballos nesta rúa, unha das perpendiculares que une O Gorgullón e Eduardo Pondal, consisten na demolición de todos os elementos da rúa, beirarrúas e asfalto, para proceder á configuración do novo espazo que será peonil.

Está previsto salvar a gran pendente da rúa cun sistema de ramplas e escaleiras que faciliten a accesibilidade peonil.

O lastro da rúa dará continuidade á nova imaxe da rúa Gorgullón e tamén dun tramo da rúa do Muíño que conecta directamente co paseo dos Gafos.

Esta é a última fase da obra do Gorgullón, que se atopa practicamente rematada.