A secretaria da Cámara, Charo Lorenzo, declara como imputada ante o xuíz

Pontevedra
15 de outubro 2012

A fiscalía presentou unha querela contra la secretaria de la Cámara de Comercio pontevedresa por un presunto delito de negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios

Charo Lorenzo, secretaria da Cámara de Comercio
Charo Lorenzo, secretaria da Cámara de Comercio

A secretaria da Cámara de Comercio de Pontevedra, Charo Lorenzo, vai declarar o martes como imputada no xulgado de instrucción número 1 de Pontevedra situado no edificio da Parda con motivo da querela interposta en xullo pola fiscalía por un presunto delito de negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios.

O fiscal especializado en delitos económicos, Augusto Santaló, decidirá segundo esta declaración se amplía a denuncia a terceiras persoas.

Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, o pleno da Cámara aprobou o 11  de abril de 2002  a sinatura dun convenio coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta coa finalidade de crear unha oficina de representación en Florianópolis en Brasil. O representante sería Juan José María Lago, quen xa traballara na entidade cameral como bolseiro. Segundo a investigación, para a adxudicación dos contratos con esta entidade non se seguíu ningún procedemento administrativo sometido aos principios de publicidade,  concurrencia e obxectividade. Segundo o fiscal, non consta que a secretaria xeral tivese advertido das irregularidades cometidas.

Charo Lorenzo ocupa o cargo na institución cameral dende novembro de 1998 e a entidade xa manifestou que quere seguir traballando con normalidade ao marxe do caso aberto.