A Seguridade Social anula a alta do concelleiro do PP Pablo Fernández

Pontevedra
15 de maio 2014

Este xoves entrou polo rexistro do Concello de Pontevedra unha comunicación da Seguridade Social que anula a alta de oficio do concelleiro do Partido Popular, Pablo Fernández

Rolda de prensa do concelleiro popular Pablo Fernández PontevedraViva

Este xoves entrou polo rexistro do Concello de Pontevedra unha comunicación da Seguridade Social que anula a alta de oficio do concelleiro do Partido Popular, Pablo Fernández.

O edil da oposición solicitara acollerse ao réxime xeral no período comprendido entre o 1 de setembro do ano 2012 e o 19 de decembro de 2013, para que se recoñecese o dereito a cobrar un salario municipal durante ese tempo.

Segundo informou o concelleiro de Personal, Vicente García Legísima, agora a Seguridade Social "deixa sin efecto esa tramitación do alta ata o momento que haxa un pronunciamento por parte dos Xulgado Contencioso Administrativo". ÿ dicir, que esta decisión da Seguridade Social non é definitiva ao quedar pendente do recurso xudicial presentado polo PP sobre a retroactividade da sentenza que anulou o acordo plenario polo que se eliminaron os soldos da oposición.

García Legísima afirmou que "o Concello está de acordo con este posicionamento que debeu ser o normal dende o principio".