Ducias de rapaces participaron este sábado nas actividades que Poio organizou co gallo da Semana Europea de Mobilidade. Foi no circuíto de seguridade viaria da Seca co programa Ponte a conducir.
Este taller de educación viaria constou dun circuíto de karts, peóns e ciclistas, dun concurso de debuxo, dun curso básico de primeiros auxilios, dun simulacro de accidente ou dunha mostra de vehículos de emerxencia.
Para iso cada neno tivo levar o seu medio de transporte, entre eles bicicletas, motos ou triciclos, e despois participaron nas probas como peóns.
Nesta actividade colaboraron efectivos da Policía Local de Poio, da Garda Civil, da Dirección Xeral de Tráfico, da Cruz Vermella e de FANPA Pontevedra.
O obxectivo deste programa era fomentar as prácticas saudables, establecer rutas seguras e animar aos rapaces no uso da bicicleta ou incentivar a mobilidade sostible.