A Semana Santa de Pontevedra baixa o pano coa procesión do Resucitado

Pontevedra
16 de abril 2017

O Encontro do Resucitado coa súa nai a Virxe María pechou este Domingo de Pascua a Semana Santa de Pontevedra cunha concorrida procesión polas rúas do centro da cidade

Procesión do Encontro do Resucitado coa súa Nai a Virxe María
Procesión do Encontro do Resucitado coa súa Nai a Virxe María / Diego Torrado

Concorrida despedida para a Semana Santa Pontevedra na última procesión, celebrada a última hora deste Domingo de Pascua.

Foi a procesión do Encontro do Resucitado coa súa Nai a Virxe María, con pasos que saíron simultaneamente desde tres santuarios para atoparse na Praza da Ferrería.

Tras a finalización da misa das 19:00 horas, a imaxe da nosa Señora del Amor Hermoso, acompañada da súa Confraría e representacións, partiu da Parroquia de San José de Campolongo. Ao mesmo tempo desde San Bartolomé saíu en procesión a imaxe do Resucitado, da Cofradía de la Vera-Cruz, e desde Santa María as imaxes de San Xoán e María Magdalena, acompañadas da Cofradía del Mayor Dolor e a Banda da Cofradía del Espírito Santo.

Tras o o encontro na Ferrería formouse unha soa marcha para recollerse na parroquia de San José.

Con este acto clausurouse de maneira oficial unha Semana Santa na que o clima foi estable e permitiu celebrar todas e cada unha das procesións previstas.