A Semana Santa en Bueu tamén será gastronómica

Bueu
24 de marzo 2017

A hostalería de Bueu vivirá este ano unha particular Semana Santa. Entre os días 10 e 16 de abril, os bares e restaurantes da vila participarán nunha semana gastronómica na que se incluirán tapas, pratos e cócteles con alcohol e sen alcohol

Presentación da semana gastronómica de Bueu
Presentación da semana gastronómica de Bueu / Concello de Bueu

A hostalería de Bueu vivirá este ano unha particular Semana Santa. Entre os días 10 e 16 de abril, os bares e restaurantes da vila participarán nunha semana gastronómica na que se incluirán tapas, pratos e cócteles con alcohol e sen alcohol.

O obxectivo desta iniciativa é dinamizar a hostalaría local coincidindo desta volta cunha época na que o turismo se incrementa notablemente na vila. 

Os locais de Bueu que estean interesados en participar deben comunicalo a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono 986 39 00 29, con data límite o 29 de marzo.

Os custes da tapa será de dous euros, o prato estará a seis euros, o cóctel sen alcohol a tres euros e o cóctel con alcohol a catro. 

Esta actividade leva organizándose desde xa hai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalaría local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos.

Así, as últimas edicións tiveron lugar en febreiro e durante o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU).