A senda do Río Bispo será ampliada ata o lavadoiro da Portela

Bueu
30 de setembro 2021

Preto de 40.000 euros investirá o goberno municipal de Bueu nunha actuación que permitirá ampliar a senda do Río Bispo ata o ata o lavadoiro da Portela. Esta obra, financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación, dará continuidade ao tramo urbano que se preparou hai uns anos

Xuntanza do alcalde de Bueu cos veciños do Valado
Xuntanza do alcalde de Bueu cos veciños do Valado /

Preto de 40.000 euros investirá o goberno municipal de Bueu nunha actuación que permitirá ampliar a senda do Río Bispo ata o ata o lavadoiro da Portela.

Esta obra, financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dará continuidade ao tramo urbano que se preparou hai uns anos e será executada pola empresa EC Casas, segundo informa o Concello.

O alcalde, Félix Juncal, destacou que "estamos diante dun proxecto de grande interese para a cidadanía e do que xa nos comprometeramos coa veciñanza da zona a comezos do verán".

Os traballos acondicionarán máis dun quilómetro de camiño, a través da limpeza e preparación do camiño con xabre e a colocación de paneis interpretativos e báculos de distancias.

O obxectivo desta actuación, engadiu o alcalde, é revalorizar un espazo "que se utilizaba como punto de reunión cando se lavaba a roupa e se mazaba o liño".