A situación o Concello de Pontevedra "vai seguir estando ben" a pesar de esgotar os seus remanentes

Pontevedra
19 de maio 2021

A Comisión de Economía e Facenda do Concello de Pontevedra deu o visto e prace a unha modificación de crédito que permitirá incorporar ao Orzamento de 2021 outros 14,6 millóns de euros. A proposta foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno BNG e Partido Socialista e abstívose o Partido Popular e o concelleiro non adscrito

Raimundo González, edil de Facenda en Pontevedra
Raimundo González, edil de Facenda en Pontevedra / Mónica Patxot

A Comisión de Economía e Facenda do Concello de Pontevedra deu o visto bo a unha modificación de crédito que permitirá incorporar ao Orzamento de 2021 outros 14,6 millóns de euros. A proposta foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno BNG e Partido Socialista e abstívose o Partido Popular e o concelleiro non adscrito.

Segundo explicou en rolda de prensa o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, trátase da maior modificación de crédito que se levou a pleno. Unha partida que procede dos remanentes que o Goberno central permite utilizar aos concellos tras levantarse a regra de gasto.

Raimundo González sinalou que o 95% das partidas desta modificación de crédito son para investimentos con "nome e apelidos", desde a reforma da Casa do concello ata a compra do Convento de Santa Clara, sumando un total de 52 actuacións en distintos ámbitos como a obra pública, instalacións deportivas, parques, xardíns, subvencións, loita contra a pobreza ou campañas cívicas e de promoción económica.

O concelleiro nacionalista ha indicado que pola situación socioeconómica que estamos a atravesar "hai que poñer todos os recursos a disposición" para favorecer a actividade económica no ámbito local e tratar de conter o impacto da crise xerada pola pandemia do coronavirus. "Se máis mundo houber máis alá chegaríamos", asegurou cunha cita de Os Lusíadas, de Luís de Camões.

Con esta modificación, o goberno local de Miguel Anxo Fernández Lores esgota todo o remanente do que dispón o Concello froito da liquidación de 2020. "Quere dicir que o Concello goza dunha boa saúde económica e financeira e que está a ter unha xestión seria, eficiente e eficaz", segundo valoración de González Carballo.

A pesar de esgotar todo o seu remanente "a situación o Concello de Pontevedra vai seguir estando ben, no canto de ter tanto cash imos ter menos, pero diñeiro máis que suficiente para facer fronte a todos os pagos", apuntou.

O concelleiro de Economía e Facenda incidiu en que "esta modificación profunda máis no equilibrio territorial dos barrios e das parroquias" e, como apuntamento persoal, engadiu que é "a modificación de crédito da que máis orgullo síntome con moita diferenza".

O goberno local aprobará esta operación no pleno deste mes e Raimundo González espera que ese punto da orde do día salga aprobado por unanimidade porque "é imposible non votar a favor disto porque son partidas nas que todos estamos de acordo e benefician aos veciños e veciñas de Pontevedra".