A solidariedade de Ponte Caldelas chega ata Ucraína con produtos de primeira necesidade

Ponte Caldelas
23 de marzo 2022

O Concello de Ponte Caldelas entregaba este mércores no almacén de Porriño da Asociación AGA-Ucraína todo o material e os alimentos recibidos nas últimas semanas para axudar ás familias que están sufrindo as consecuencias da invasión rusa

Cargamento que o Concello de Ponte Caldelas destinará a Ucraína
Cargamento que o Concello de Ponte Caldelas destinará a Ucraína / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas entregaba este mércores no almacén de Porriño da Asociación AGA-Ucraína todo o material e os alimentos recibidos nas últimas semanas para axudar ás familias que están sufrindo as consecuencias da invasión rusa.

"Unha vez máis, Ponte Caldelas rebosou solidariedade e conseguimos encher a nosa furgoneta con produtos de primeira necesidade", indicou o alcalde Andrés Díaz durante a entrega.

O rexedor pontecaldelán lembraba que o conflito non rematou e o consistorio continúa en contacto coa asociación para que, cando sexa preciso, "volver facer unha recollida para que, a través da súa loxística, poida ser entregada nun punto fronterizo entre Polonia e Ucrania".

A través da recollida solidaria, Ponte Caldelas entregou mantas e sacos de durmir; produtos de hixiene básica para adultos, bebés e nenos; medicamentos e material de primeiros auxilios; roupa de abrigo para adultos e nenos; alimentación en conserva; produtos de hixiene íntima feminina; xoguetes; ou alimentación para o almorzo, entre outros produtos de primeira necesidade.