A sombra de Rajoy preside o acto do inicio do curso político do PP de Pablo Casado

Cerdedo Cotobade
01 de setembro 2018

"Me hubiera gustado que estuviera aquí", dixo Casado, que reivindicou o legado do seu antecesor porque "se ha sido muy injusto con él"

Inicio do curso político do PP na Carballeira de San Xusto
Inicio do curso político do PP na Carballeira de San Xusto /

O presidente do Partido Popular Pablo Casado iniciou este sábado o curso político na Carballeira de San Xusto nun acto no que tivo un gran protagonismo Mariano Rajoy, a pesar de ser o gran ausente desta cita. "Me hubiera gustado que estuviera aquí", dixo Casado que reivindicou o legado do seu antecesor porque "se ha sido muy injusto con él".

Casado tamén desvelou que se reuniu con Rajoy en Galicia para falar de cuestións de actualidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que pronunciara o seu discurso antes que Casado, tamén agradeceu a Rajoy o seu labor á fronte do partido.

Núñez Feijóo será o encargado de "liderar y coordinar" os próximos 1 e 2 de decembro a convención nacional extraordinaria do Partido Popular que será "o punto de partida" para a elaboración dos programas electorais e para "actualizar, que no reformar, nuestra Constitución", afirmou Pablo Casado.

No seu discurso Feijóo sinalou que o PPdeG sae a gañar as próximas eleccións municipais "nos 313 concellos e nas catro deputacións". Animou a seguir escoitando aos veciños, a estar presentes nas 3.772 parroquias, a "manter sempre os pés na terra" e a seguir formando equipos "con experiencia e ilusión".