A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu este venres una xornada sobre prevención do suicidio en vítimas de violencia de xénero coa participación de preto de medio cento de persoas entre profesionais dos CIMs, de Servizos Sociais, asociación e colexios de abogacía.
O obxectivo desta iniciativa é ofrecerlles aos profesionais a formación e darlles a coñecer os recursos existentes neste momento para atender e conter condutas de risco suicida entre vítimas de violencia de xénero, tendo en conta que en moitas ocasións, as mencionadas vítimas alertan en entrevistas coas Forzas e Corpos de Seguridade sobre pensamentos autolíticos.
Participaron como poñentes na xornada o psicólogo clínicocon formación PIR na Coruña, José Eduardo Rodríguez Otero, e a enfermeira especialista en Saúde Mental, Ana Barreiro Pesado.
O último informe do Instituto de Medicina Legal de Galicia apunta que no ano pasado 337 persoas suicidáronse en Galicia, un crecemento sobre o ano de 2020 dun 7,8 por cento.
A provincia de Pontevedra é a segunda con máis suicidios tras A Coruña, aumentando nesta provincia nun 22 por cento o número de mulleres que se suicidou sobre o ano 2020. Son datos sobre suicidios consumados non sobre os intentos que se frustran.
Segundo a Organización Mundial da Saúde, a violencia machista está detrás do 25 por cento dos intentos de suicidio das mulleres.