A Subdelegación do Goberno vén de pór en marcha un novo reparto de 360.000 máscaras na provincia. Esta nova entrega súmase ao 1,8 millóns de máscaras que o Goberno español repartiu xa na provincia desde o inicio da pandemia.
Neste oitavo operativo de distribución, 60.000 máscaras foron entregadas este mércores a Cáritas, Federación Española de Bancos de Alimentos e CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) para o seu reparto entre a poboación máis vulnerable da provincia.
Ademais, a Subdelegación do Goberno entregará aos municipios máis poboados da provincia 180.000 máscaras. A Deputación de Pontevedra tamén recibirá 120.000 máscaras para distribuir entre os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, sinalou que "en total, e contando coa entrega actual, o Goberno repartiu a entidades sociais e locais da provincia 2,1 millóns de máscaras destinadas as persoas máis vulnerables".