A subdelegada destaca que as declaracións de Estíbaliz Palma "no son compartidas por los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado"

Pontevedra
23 de marzo 2022

O xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Juan José Díaz Jiménez, asumiu de maneira interina a posto vacante que deixa a  excomisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma, cesada o martes

O xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Juan José Díaz Jiménez
O xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Juan José Díaz Jiménez

O xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Juan José Díaz Jiménez, asumiu de maneira interina a posto vacante que deixa a excomisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma, cesada o martes.

Palma Varona foi destituída do cargo despois de que se fixesen públicas unhas declaracións nunha comida de homenaxe a un antidisturbios en Vigo nas que a excomisaria dixo que "ya le gustaría a algunas que las violara un UIP". 

Díaz Jiménez asumiu provisionalmente a xefatura do corpo Nacional de Policía, ao ser o comisario de máis rango na provincia, segundo informou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, que reiterou que as declaracións que provocaron o cesamento da comisaria provincial "no tienen ninguna justificación, ninguna explicación y que no se pueden tolerar, máxime tratándose de una servidora pública con un puesto de responsabilidad tan alto".

Maica Larriba lembrou que a comisaria provincial "tiene entre sus cometidos garantizar la seguridad de las mujeres". 

Ademais, subliñou que son unhas declaracións "que no son compartidas por los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado" e tamén engadiu que "el Gobierno que yo represento en esta provincia ha actuado con rapidez y contundencia, como era de esperar, ordenando su cese inmediato".