A Tenda da Sétima Feira, tamén en vídeo e en vivo

Pontevedra
25 de xullo 2017

Este luns, o espazo recibiu a visita do alcalde e a concelleira de Promoción da Cidade, Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías, que fixeron un percorrido polas instalacións e departiron cos participantes sobre as diferentes actividades organizadas  

Visita de Lores á tenda efémera da Sétima Feira
Visita de Lores á tenda efémera da Sétima Feira / Mónica Patxot

A Tenda de Sétima, aberta este mes de xullo nas antigas instalacións da Boleira de Pontevedra na rúa Laranxo, ampliará ás súas actividades durante este verán e centrarase na música como reclamo e para dinamizar o espazo seguindo a filosofía da Sétima Feira.

Este luns, o espazo recibiu a visita do alcalde e a concelleira de Promoción da Cidade, Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías, que fixeron un percorrido polas instalacións e departiron cos participantes sobre as diferentes actividades organizadas.

As instalacións, concebidas como unha tenda efímera, acollerán a gravación de vídeos de nove bandas de música da cidade e ofrecerán diversos eventos musicais que se poderán seguir en directo, baixo o título Life in A Tenda a través da rede social facebook

Despois dunha primeira actividade o día da súa inauguración, o próximo 2 de agosto está prevista a gravación dun vídeo das bandas musicais Mushu, The furious monckey house e The trunks. Correrá a cargo da empresa Producciones mutantes de 19.00 a 22.00 horas e será un tema do seu repertorio en acústico. O día 16 de agosto volverá a actividade coas bandas Frank, Flip Corale e Cora Sayers

Permanecerá aberta ata o próximo 31 de agosto en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 22.00 horas.