A Unidade Móbil de Inspección de Vehículos Agrícolas estará en Campo Lameiro o 2 e 5 de outubro

Umia
13 de setembro 2020

Os interesados en superar este trámite co seu tractor deben solicitar cita previa a través do teléfono ou da páxina web

Estación Móbil de Inspección de Vehículos Agrícolas
Estación Móbil de Inspección de Vehículos Agrícolas / Concello de Campo Lameiro

O Concello de Campo Lameiro ten programada unha visita da Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas para os días 2 e 5 de outubro na Rúa Nova. 

Os interesados en acudir ao momento cos seus tractores deben solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou da páxina web www.sycitv.com.

Estes procesos de inspección céntranse principalmente en comprobar o estado dos e da dirección, así como outros puntos vitais na seguridade destas máquinas.

A revisión realizada nestes puntos móbiles ten a mesma validez que as fixas e ofrece unha maior comodidade aos condutores ao evitar desprazamentos máis longos ás estacións de Bora ou Curro.