A Valedora do Pobo comprométese co BNG a investigar a situación sanitaria de Poio

Poio
20 de outubro 2021

Representantes do BNG de Poio mantiveron unha reunión coa Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, na que lle relataron as consecuencias para a veciñanza de non cubrir de forma permanente unha praza de médico que atende a 1.500 pacientes nos centros de saúde de Anafáns e Combarro

Reunión de representantes do BNG coa Valedora do Pobo
Reunión de representantes do BNG coa Valedora do Pobo / BNG de Poio

Representantes do BNG de Poio mantiveron unha reunión coa Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, na que obtiveron o seu compromiso para iniciar unha investigación para estudar a denuncia presentada polo formación nacionalista en relación coa "situación crítica" na que se atopa a atención primaria no municipio. 

A formación nacionalista informou a través dun comunicado da reunión e do compromiso adquirido pola Valedora do Pobo, na que lle relataron as consecuencias para a veciñanza de non cubrir de forma permanente unha praza de médico que atende a 1.500 pacientes nos centros de saúde de Anafáns e Combarro.

Segundo informou o BNG, na actualidade hai un médico para atender a 1.500 persoas de dous cupos que se amortizaron nunha soa praza hai xa varios anos. A principios do presente ano, a facultativa que atendía os centros de Anafáns e Combarro trasladouse a outro municipio, e o Sergas non cubriu a praza, provocando listas de agarda de máis de vinte días para unha cita médica.

Na actualidade, segundo o BNG, as listas de agarda sobrepasan os vinte días, os cupos están "desbordados" e "a escaseza de persoal sanitario é manifesta". 

A responsable local do BNG, Marga Caldas, cualifica situación actual de "vulneración do dereito protección da saúde das persoas" e demanda o dereito á protección da saúde e a unha atención sanitaria digna, demandando a cobertura do persoal "de maneira permanente e estable". 

Caldas manifestou a súa esperanza de que o proceso de investigación aberto pola Valedora do Pobo sexa un "primeiro aviso" á Xunta de Galicia, para que "cumpra dunha vez por todas coa súa obriga de garantir unha atención sanitaria digna para todos os veciños e veciñas de Poio".