A Vida é Movernos fusiónase co Metrosán para crear un calendario de "Camiñadas"

Pontevedra
18 de agosto 2022

O programa inclúe 15 roteiros pensados para todos os públicos que levarán a cabo, a partir do 29 de agosto, cada luns, mércores e venres ata o 30 de setembro

Presentación do programa Camiñadas no Concello de Pontevedra
Presentación do programa Camiñadas no Concello de Pontevedra / PontevedraViva

O verán despedirase de Pontevedra cun amplo calendario de "Camiñadas". Así o anunciou este xoves o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, coa creación deste novo programa centrado no fomento de hábitos saudables que combina as actividades da Vida é Movernos coa rede de roteiros de Metrosán.

"Queremos fomentar os hábitos de vida saudables nos espazos públicos", explicou Fernández unha das razóns que levaron a aprobar este calendario, que comezará o 29 de agosto e prolongarase ata finais de setembro con camiñadas programadas todos os luns, mércores e venres. 

O primeiro roteiro será unha das máis curtas das previstas e partirá ás 19.30 horas desde A Illa dás Esculturas. O conxunto das quince andainas programadas teñen unha extensión media de 6 quilómetros e, aínda que algunha é máis esixente, "serán accesibles para toda a poboación e queremos que participe o maior número de persoas", puntualizou o promotor da iniciativa, Ricardo Angueira. 

Outro dos atractivos do programa é que cada unha das saídas será complementada cunha introdución ao adestramento autónomo e unha serie de exercicios para adestrar a forza, a flexibilidade e a mobilidade articular.

Ao mesmo tempo, con esta campaña, darase máis a coñecer o metrosán, que ofrece roteiros para realizar camiñando, correndo ou en bicicleta e que conta, ao longo dos itinerarios, con diversos tótems nos que se ofrecen exercicios físicos complementarios.